Curso TALLER INTEGRADO INTENSIVO. FEGATEA

TALLER INTEGRADO INTENSIVO Ferramentas para Chekhov (2,3,4 e 5 de xullo na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia)

Organizado pola FEGATEA en colaboración coa ESAD

O 17 de xuño remata o 1º prazo de inscrición.

O curso estructúrase en tres módulos complementarios que integran diferentes tarefas da creación escénica a partir de traballos prácticos cos textos dramáticos de Chekhov: A gaivota, O tio Vania,e O cerdeiral.

INTERPRETACIÓN

Os principios da análise activa, para entender o conflito dramático e construír o personaxe desde as accións físicas, e da técnica de composición, para descubrir e seleccionar os materiais do traballo actoral para a escena.

DIRECCIÓN

O libro de dirección coma ferramenta fundamental para a escenificación co traballo previo da análise dramatúrxica e do deseño do proxecto escénico; o control dos ensaios e a avaliación da recepción. Os elementos básicos da dirección de actores.

DRAMÁTICA

Exploración práctica dos procedementos, recursos e estratexias da composición dramatúrxica dos textos dramáticos para entender e dominar o traballo da acción e os seus procesos operativos.

Esta proposta faise extensiva a calquer membro pertence a outras federacións de teatro nacionais que estéan interesados no curso e que acrediten a súa pertenza a federación correspondente. PREZO: 75 €

pdf iconINSCRICION FEGATEA-ESAD.pdf pdf iconfegatea_curso_verano.pdf

Toda la información en http://fegatea.blogspot.com.es/2012/02/novas.html

Los comentarios están cerrados.